QUINTO POSTO PARA UXÍO ABUÍN EN MIYAZAKI E MELINA ALONSO EN AGADIR

Fegatri 05/11/2017
QUINTO POSTO PARA UXÍO ABUÍN EN MIYAZAKI E MELINA ALONSO EN AGADIR

Uxío Abuín e Melina Alonso acadaron a mesma posición (quinto posto), pero en probas e lugares moi diferentes. Uxío competía na última proba da Copa do Mundo en Miyazaki (Xapón) e fixoo cunha magnífica quinta posición, nunha proba con importantes rivais e moito cansanzo acumulado. Pola súa banda, Melina Alonso pechou a tempada cun quinto posto na Copa de África de Agadir, mentres que a súa irmá Camila abandonou no segmento de ciclismo.

Uxío pechaba a tempada na Copa do Mundo de Miyazaki, onde o pasado ano acadou una victoria. O galego estivo no grupo de cabeza dende a natación, pero no ciclismo formouse unha escapada con cinco homes que foi decisiva. Aínda así, Uxío ía no grupo perseguidor e así, facendo unha moi boa carreira a pe, logrou a quinta posición.

Pola súa banda, Melina Alonso disputou a Copa de África e logrou unha magnífica quinta posición, despois de facer unha natación espectacular, que lle permitiu saír segunda da auga co mesmo tempo ca primeira. Tamén participou a súa irmá Camila, pero abandonou na bicicleta ao quedarse sen forzas.