RECEPCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA A MEDALLISTAS INTERNACIONAIS DOS ANOS 2017 E 2018

RECEPCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA A MEDALLISTAS INTERNACIONAIS DOS ANOS 2017 E 2018

10/01/2019
RECEPCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA A MEDALLISTAS INTERNACIONAIS DOS ANOS 2017 E 2018

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, ofreceu hoxe unha recepción a medallistas galegos/as internacionais nos anos 2017 e 2018, cunha importante presenza de triatletas galegos/as.

Así, entre os homenaxeados do tríatlon estaban Susana Rodríguez Gacio (campioa do mundo de paratríatlon 2018 e subcampioa no 2017, entre outros moitos logros), Uxío Abuín (prata no Campionato de Europa da distancia sprint 2018); Fernando Alarza (prata no Campionato de Europa de distancia olímpica 2018), Pablo Dapena (campión do mundo de tríatlon de longa distancia 2018 e bronce co Cidade de Lugo Fluvial, no Campionato de Europa de Clubs 2017), Gustavo Rodríguez (como guía acadou a medalla de bronce no Campionato do Mundo de Paratríatlon 2018), Aroa Freije (campioa do mundo júnior de Triathle 2017), Cristóbal Rodríguez (campión do mundo de triathle por equipos 2017) e  Javier Gómez Noya (bronce no Campionato do Mundo 2018 de Ironman 70.3).

Noraboa a tod@s!!!