RECITAL GALEGO NOS CAMPIONATOS DE TRIATLE E BIATLÓN DE XIXÓN

RECITAL GALEGO NOS CAMPIONATOS DE TRIATLE E BIATLÓN DE XIXÓN

08/07/2018
RECITAL GALEGO NOS CAMPIONATOS DE TRIATLE E BIATLÓN DE XIXÓN

Magníficos resultados das e dos deportistas da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno que participaron esta fin de semana nos Campionato de España de Triatle e Biatlón en Xixón.

O sábado celebrouse o Campionato de España de Triatle, na que os participantes fan as probas de tiro, natación e carreira. As e os representantes galegos lograron catro ouros e cinco pratas.

Os ouros foron para Mireia Vázquez (benxamín feminino), Claudia Gámez (infantil feminino), Andrea Vidal (xuvenil feminino) e Yolanda Rodríguez (júnior feminino), mentres que as pratas foron para Carla Cortón (benxamín feminino), Pablo Rego (benxamín masculino),  Mencía Rego (alevín feminino) , Ivan Rego (infantil masculino) e Esperanza Cobas (júnior feminino).

O domingo tivo lugar a proba de Biatlón (carreira, natación e carreira) e novamente choiva de medallas para Galicia.

En benxamín feminino,  dobrete para Galicia con Mireia Vázquez no máis alto do podio, mentres que Carla Cortón foi prata. Na categoría masculina, prata para Pablo Rego.                             

Na categoría infantil, dominio galego cos ouros de Claudia Gámez e Iván Rego, mentres que na xuvenil o triunfo foi para Andrea Vidal. 

En júnior, ouros para Esperanza Cobas Dobarro e Jesus González, mentres que Antonio Souto foi prata. Por último, sinalar que na categoría absoluta venceu  Raquel Pérez.            

Relevos mixtos

Na proba de relevos mixtos, tres ouros e un bronce galegos: Triunfos nas categorías infantil (Claudia Gámez e Iván Rego), júnior (Andrea Vidal e Antonio Souto) e absoluta (Raquel Pérez e Jesús González), mentres que na categoría alevín, o equipo formado por Mireia Vázquez e Manuel Cobas lograron o bronce.