Resultados Acuatlón Menores Desafío Illas Cíes

22 de Setembro de 2018

Comezou a gran festa do tríatlon do VI Desafío Santander Illas Cíes coa celebración do Acuatlón de Menores, no que participaron máis de cen deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete nunha tarde soleada e veraniega.

Os vencedores nas diferentes categorías foron:

Benxamín: Paulo Rivas (AD Fogar) e María Muñiz (Natación Riveira)

Alevín: Nicolás Vázquez (Tríatlon Motobike Galaico Pontevedra) e Marta Novo (Tríatlon Motobike Galaico Pontevedra)

Infantil: Enrique Rivas (Arcade Inforhouse) e Victoria Ana Cons (Tríatlon Motobike Galaico Pontevedra)

Cadete: Juan Rey (Natación Riveira) e Natalia Castro (Tríatlon Motobike Galaico Pontevedra)

As distancias eran diferentes dependendo da categoría: En benxamín os rapaces tiveron que facer 100 metros de natación e 500 de carreira a pe; mentres que en alevín as distancias son de 200 de natación e 1.000 de carreira. Os infantís realizaron 400 metros de natación e 2.000 de carreira e as distancias para os cadetes son de 500  e 3.000.

Quizáis che interese…