RESULTADOS NADA E CORRE CARBALLO

10 de Marzo de 2019

Este domingo 10 de marzo celebrouse o III Nada e Corre de Carballo, no que participaron un total de 250 deportistas das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete (masculina e feminina). Esta proba é clasificatoria para a final galega, que se celebrará en Riveira o 4 de abril. As e os catro primeiros clasificados por categoría e sexo logran o pase para a final.

Estes son os gañadores das diferentes probas en Carballo:

– Prebenxamín: Vera Varela (Cidade de Lugo Fluvial) e Jacobo Soto (Natación Liceo).

– Benxamín: Xana López (Zalaeta 100Tolos) e Leo Sánchez (Zalaeta 100Tolos).

– Alevín: Rebeca Teijeiro (Tríatlon Ferrol) e Damián Suárez (Natación Cedeira Muebles García).

– Infantil: Lucía Piñón (Tríatlon Ferrol) e Rubén Otero (AD Fogar).

– Cadete: Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial) e Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial).

No documento adxunto tedes todos os resultados.

RES_Nada_Corre_Concello_Carballo_2019

 

Quizáis che interese…