RESULTADOS SERIE MUNDIAL HAMBURGO

15 de Xullo de 2017

A proba das Series Mundiais de Hamburgo deixou sensacións agridoces para os nosos representantes. Fernando Alarza sufriu unha caída durante o ciclismo e non puido rematar a proba, na que se impuso Mario Mola, cunha exhibición na carreira a pe, e co ferrolán Javier Gómez Noya no quinto posto. Na proba feminina, Inés Santiago rematou na trixésima posición, despois de quedar cortada no ciclismo.

Na proba masculina todo se decidiu na carreira a pe, na que desgraciadamente non puido estar Fernando Alarza, que estivo envolto nunha caída e non puido continuar. Afortunadamente, non foi nada importante e pronto volverá a estar nas estradas. Así, Mario Mola impuso a súa superioridade na carreira a pe, mentres que Gómez Noya foi quinto, tras perder algunhas posicións nos últimos metros.

Con este triunfo, Mola pasou a ocupar o liderazgo no Mundial, posto que ocupaba ata hoxe Alarza, que agora é segundo, mentres que Gómez Noya mantén a terceira posición.

Elite feminina. Na proba feminina, Inés Santiago fixo unha boa natación e saíu da auga a só uns vinte segundos da primeira. Pero o ciclismo foi decisivo, porque a galega, que lograra entrar no grupo principal, quedou cortada por unha caída no quilómetro 10 deste segmento, e chegou á segunda transición con case dos minutos perdidos. Así, rematou a proba na 30ª posición cun tempo de 1:01:54, por diante de Anna Godoy (34ª).

 

 

Quizáis che interese…