SALETA CASTRO, CUARTA NO IRONMAN DE MALAYSIA FACENDO O MELLOR TEMPO NA MARATÓN

Fegatri 12/11/2017
SALETA CASTRO, CUARTA NO IRONMAN DE MALAYSIA FACENDO O MELLOR TEMPO NA MARATÓN
Foto do facebook de Saleta Castro.

A galega Saleta Castro acadou a cuarta posición no Ironman de Malaysia, facendo unha espectacular remontada na maratón, na que acadou o mellor tempo e chegou a remontar más de dez minutos sobre as deportistas que ían por diante.

A clave estivo no ciclismo, porque no resto dos segmentos Saleta estivo a un nivel excepcional. Castro foi a segunda mellor ao remate dos 3,8 quilómetros de natación, so por detrás da americana Wassner. Pero nos 180 quilómetros de ciclismo a proba cambiou. A alemá Diana Riesler logrou colocarse na primeira posición e abrir distancias moi importantes sobre as perseguidoras, mentres que Saleta perdeu minutos importantes e unha posición. Na T-2 era quinta a 22 minutos da primeira clasificada.

Pero na maratón, a pontevedresa fixo un traballo excepcional para remontar máis de dez minutos, una posición e quedar a pouco máis de dous minutos do podio. Saleta fixo o mellor parcial na maratón cun tempo de 3:16:26 e finalizou a proba cun tempo final de 09:38:36.

Gran traballo Saleta!