SALETA CASTRO GAÑA CON AUTORIDADE O IRONMAN DE MAASTRICHT

Fegatri 06/08/2017
SALETA CASTRO GAÑA CON AUTORIDADE O IRONMAN DE MAASTRICHT
A galega Saleta Castro gañou hoxe o Ironmán de Maastricht cunha gran exhibición e poderío. Foi a primeira vitoria de Saleta nun Ironman, precisamente no mesmo lugar onde o pasado ano foi segunda.
 
A galega fixo unha proba moi completa, saíndo da auga na segunda posición por detrás de Kate Comber. Pero na bicicleta a pontevedresa amosou a súa superioridade: primeiro alcanzou á líder e despois foi aumentando distancias pouco a pouco. Saleta só sufriu no tramo final da bicicleta, no que a canadiense Brooke Brown logrou reducir as distancias a pouco máis de dos minutos ao baixarse da bicicleta. Na maratón final, nova exhibición de Saleta Castro que lle permitiu chegar a meta con dez minutos de distancia sobre a segunda clasificada, Brooke Brown. O tempo de Saleta foi de 9:37:17 e con el sumou a súa primeira vitoria nun Ironman.
 
Pola súa banda, o galego Iván Cáceres foi sétimo na categoría masculina cun tempo final de 09:26:11, acadando un gran resultado.
 
Noraboa Saleta!