Solicitudes de invitacións para o Campionato Galego de Tríatlon 2017

Sol 03/08/2017
Solicitudes de invitacións para o Campionato Galego de Tríatlon 2017

SOLICITUDE DE INVITACIÓNS PARA O CTO. GALEGO DE TRÍATLON 2017:

As solicitudes de invitación enviaranse á Federación (por correo electrónico: fegatri@hotmail.com).

Prazo para o envío de solicitudes: ata ás 14:00 horas do venres, 18 de Agosto de 2017.

Para a súa solicitude seguirase o indicado no punto 5 do Regulamento para os Circuítos Galegos de Duatlon e Tríatlon e Campionatos Galegos Tempada 2017:

5.-   Invitacións para o Cpto Galego
As invitacións non alterarán a participación dos equipos. É dicir, se o equipo non tivera tres clasificados ou clasificadas, previamente á final,  non lle puntuará ningún invitado ou invitada. No caso de ter previamente 3 clasificados puntuarían coma un ou unha máis.  
5.1) As invitacións só serán para  deportistas con licenza galega pertencentes a Clubs que tivesen participación na tempada anterior.  
5.2) Distribución: As invitacións concederanse a mulleres e homes en función da clasificación no Campionato Galego da tempada anterior feminino e masculino respectivamente.  
a) Os tres primeiros clubs masculinos do Cto. Galego da tempada anterior disporán de 3 invitacións masculinas e os tres primeiros femininos disporán de 3 femininas.
b)  Do 4º ao 6º disporán de 2 e 2
a) O  resto disporán de 1 e 1 .
b) A Dirección Técnica da FEGATRI disporá de 3 e 3 invitacións, que poderá dar ou non, avaliadas as solicitudes presentadas. As solicitudes deben ser motivadas e presentadas á Federación ao remate dos circuítos. 

No seguinte enlace podedes consultar a lista de clasificados ata o momento para o Cto. Galego de Tríatlon 2017 en Poio, Lugo e Arteixo a falta da proba de Ferrol:  Clasificados Cto Galego Tríatlon 2017