Tecnificación

 

______________________________________________________________________________________________

CUESTIONARIO INCIDENCIA DAS LESIÓNS DEPORTIVAS NO TRÍATLON

Estimados/as amigos/as:

 

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno xunto coa Universidade de Vigo, quere participar nun estudo para coñecer científicamente a incidencia das lesións deportivas no Tríatlon.

Como ben sabedes, neste xoven deporte, non existen a día de hoxe practicamente estudos serios acerca nin das lesións específicas do mesmo, nin dos motivos. É por iso, que consideramos importantísimo que existan e nosoutros queremos colaborar activamente.

Por isto, pedímosvos a máxima difusión entre os vosos deportistas para que de xeito anónimo participen e dende a FEGATRI tamén directamente trataremos de chegar á mayor participación posible.

Agradecendo de antemán a vosa colaboración e participación, recibide un cordial saúdo.

 

 

Federación Galega de Triatlón e P.M.

 

 

CUESTIONARIO

 

Ó tratarse dun deporte tan novo, case non existen estudos epidemiolóxicos que podan axudarnos a coñecer a incidencia das diferentes lesións e o tipo das mesmas no noso deporte. Sería bon coñecer esta incidencia xa que podería axudarnos a realizar un labor preventivo e a desenrrolar protocolos con ese fin.

Así, en colaboración coa Fegatri, ponse en marcha este pequeno estudo a través da Universidad de Vigo, mediante 3 cuestionarios totalmente anónimos que se realizarán totalmente on-line, sendo o obxectivo deste traballo valorar a incidencia das lesións, así como os diferentes factores que podan interferir nas mesmas.

 

Únicamente hai que pinchar nos 3 links que se atopan abaixo, encher o cuestionario e pinchar no apartado “enviar” ó rematalo. Estes datos chegarannos de maneira TOTALMENTE ANÓNIMA (en ningún momento aparecerá nome, club, cidade ou outros datos que poidan identificar ó suxeito), e serán tratados con fines docentes e investigadores.

 

Prégase a máxima participación posible, xa que consideramos que pode ser moi interesante ó manexar datos reais da nosa poboación. Con tal fin, darase de prazo a contestar ata o próximo 10 de setembro. Sen máis, moitas grazas pola colaboración.

 

https://docs.google.com/forms/d/16OZBNx5OpMxSDxGEOe6B3ajJolrtBeF9gfw_bG0HO0Q/viewform

https://docs.google.com/forms/d/1iXn3bsLgAVz2pEtHSDGMHx9l9la_JbDYhCa5Y142eZ0/viewform

https://docs.google.com/forms/d/1w2IhdYL2-TV7mbpCAF8U9Yovrl5ctUKHrOdHtAKuK-4/viewform