Tres campionatos de España en Galicia na tempada 2018

5 de Agosto de 2017

A Federación Española de Tríatlon deu a coñecer o calendario de competicións para a tempada 2018, no que destaca a celebración de tres campionatos de España en Galicia (A Coruña, Boiro e Pontevedra). Unha proba máis da importancia que ten Galicia no tríatlon español, tanto no aspecto deportivo coma organizativo.

A principal novidade é a incorporación de A Coruña ao calendario nacional, grazas as xestións realizadas pola Federación Galega de Tríatlon e ao interese amosado polo Concello. Desta forma a cidade herculina asume a organización do Campionato de España de Tríatlon en distancia olímpico polo centro da cidade. A proba celebrarase o domingo 2 de setembro.

Boiro permanece no calendario español coa celebración o 10 de marzo do Campeonato de España de Duatlón por Clubes, como xa sucedera no ano 2016.  Ademais tamén se disputará o Campionato de España de Relevos mixtos de Duatlón.

O Campionato de España de Longa Distancia disputarase en Pontevedra, que será un importante test cara a organización do Campionato do Mundo Multideporte  en 2019.

Máis información

Quizáis che interese…