Programas Amazonas

Programas Amazonas

MULLER E TRIATLON- PROGRAMA AMAZONAS

A Federación Galega de Tríatlon e P.M.  adscribíuse ao Programa Amazonas da Federación Española de Tríatlon e o Consejo Superior de Deportes que ten como obxectivo a promoción e desenvolvemento do deporte feminino mediante a realización de diversas actividades.

O proxecto en Galicia está coordinado e dirixido pola Responsable da Área Muller e Trialtón  a Adestradora Marta Barbeito con quen podes contactar a través do enderezo electrónico  triatlonemuller@fegatri.org

O programa en Galicia constará de varias actividades, charlas divulgativas, encontros,…  dirixidas a  deportistas femininas, de categorías infantil e cadete da Comunidade  co fin de promover e visibilizar  a través da motivación a práctica do tríatlon feminino.  

 

ACTIVIDADES

Concentración Madrid 1 ao 3 de Novembro

A Federación Galega de Tríatlon na súa colaboración coa FETRI a través do Programa Amazonas, participa na Concentración que se desenvolve en Madrid do 1 ao 3 de novembro de 2019.

Adestradora Responsable-
Marta Barbeito Domínguez

Deportistas-
Sabela González Vilas (Arcade Inforhouse Santiago)
Andrea Vidal Lamas (AD Tripenta Terras de Lugo)

 

PROMOCIÓN DEPORTE FEMININO

Encontros Deportivos en Galicia  (Lugo/Ourense, A Coruña, Santiago e Pontevedra)