VEDRA ACOLLE O SÁBADO 9 O CAMPIONATO GALEGO DE DÚATLON CONTRA O RELOXO POR EQUIPOS

VEDRA ACOLLE O SÁBADO 9 O CAMPIONATO GALEGO DE DÚATLON CONTRA O RELOXO POR EQUIPOS

08/03/2019
VEDRA ACOLLE O SÁBADO 9 O CAMPIONATO GALEGO DE DÚATLON CONTRA O RELOXO POR EQUIPOS

Vedra acollerá o sábado 9 de marzo, por quinto ano consecutivo, o Campionato Galego de Dúatlon contra o reloxo por equipos, no que están inscritos máis de 100 equipos (585 participantes). Ademais, este ano esta proba será Ocean Lava Galicia Dúatlon por equipos 2019, con varias competicións (O Galego e as probas open e de promoción).

A competición comezará ás 15:31 minutos coa saída da paratriatleta Susana Rodríguez Gacio, que xunto a súa guía Paula García Godino aproveitarán para facer unha proba cara á tempada, que comezará para a nosa deportista dentro dun mes.

Posteriormente, darase a saída á proba de promoción (tres equipos masculinos e un feminino) e a continuación sairá a proba Open, na que  os clubs poden presentar varios equipos. Desta forma, na categoría masculina hai inscritos 56 equipos, mentres que na feminina hai tres.

O Campionato Galego Feminino comezará ás 16:55 horas e no mesmo hai inscritos 8 equipos, entre os que figura o campión dos dous últimos anos, Náutico de Narón. O Galego masculino comezará ás 17:20 horas coa participación de 33 equipos. O equipo anfitrión, Olímpico de Vedra, defende o título (2017 e 2018), fronte a outros clubs como Arcade Inforhouse, Tríatlon Arteixo, entre outros.

Nesta modalidade contra o reloxo, os equipos van saíndo de xeito escalonado cada minuto, e estarán compostos por entre 4 e 6 compoñentes, que terán que disputar a proba agrupados en todo momento. Non está permitido o drafting (ir a roda doutro equipo). Ao final contará en meta o tempo do cuarto integrante do club, despois de completar un recorrido de 5 quilómetros a pe, 20 en bicicleta e 2,5 qm. a pe novamente. A area de transición, saída e meta da proba estarán situadas na «Pista Multiusos» situada na Avda. Mestre Manuel Gómez Lorenzo.

2018. Náutico de Narón (feminino) e Olímpico de Vedra (masculino) lograron a pasado ano en Vedra revalidar o título de campións galegos de Dúatlon contra o reloxo por equipos, nunha proba que reuniu a case 90 equipos e preto de 500 participantes.