VERÓNICA MONTES E GUSTAVO RODRÍGUEZ, CAMPIÓNS GALEGOS DE DUATLÓN CROSS

23 de Febreiro de 2014

Verónica Montes (Trinity Tríatlon) e Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse hoxe en Lugo campións galegos de Duatlón Cross 2014. Con esta proba, na que estaban inscritos case cen deportistas, finaliza a tempada 2014 do Duatlón Cross.

IMG-20140223-WA0007Na categoría feminina non houbo historia algunha. A ausencia de Aída Valiño, que estivo enferma con gripe e se encontraba moi debilitada polos antibióticos, deixou a proba en mans de Verónica Montes que foi moi superior ás escasas participantes no Galego. Así a vitoria e o título foi para Montes cun tempo de 2:03:21, mentres que segunda clasificada foi Belen Lemat a máis de 16 minutos de distancia. Sonia Botana (Trínity Tríatlon) logrou a terceira posición.

Nada que ve coa proba masculina, na que houbo moitas alternancias dende o inicio. No primeiro segmento o mellor foi o veterán Elpido Gómez (Beariz), mentres que na bicicleta destacou Darío Manuel Otero (Team Corbelo), que chegou con case un minuto de vantaxe á area de transición. Parecía que o título estaba decidido, pero Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) foi remontando para finalmente facerse co triunfo cun tempo de 1:33:06. Segundo clasificado foi Darío Otero a 32 segundos e terceiro, Marcos Mayo (Monte Abaixo) a 1´56 sg. Sen dúbida, Gustavo foi o más regular de todos, xa que logrou o terceiro mellor tempo no primeiro segmento, o segundo na bicicleta e o primeiro, cun tempo excepcional, no último sector.

O resto dos vencedores foron:
    Júnior: Gañador da proba, Miguel Sierra (Tríatlon Bierzo) e campión galego, David González Martínez (Trisada).
    Veteranos: Belén Lemat (Cidade de Lugo Fluvial) e Miguel Ángel Arias (Team Corbelo).
    Club masculino: Team Cobelo.

A proba disputouse en Santa María Alta (Lugo) sobre a distancia sprint e os duatletas fixeron 6 quilómetros de carreira a pe, 18 de bicicleta e 3 quilómetros de carreira a pe. O circuíto de bicicleta consistiu en 3 voltas a un circuíto de 6 quilómetros, dos cales 4 quilómetros descorreron por  pista forestal ancha e os 2 restantes por sendeiros algo máis técnicos. A saída, meta e transición estaban ubicadas na urbanización As Campás (Santa María Alta). Un dos asuntos que preocupa á Federación Galega de Tríatlon é que houbo excesiva diferenza entre os primeiros e os últimos clasificados, polo que haberá que estudar se se establece un tempo de corte en futuras probas.

Quizáis che interese…