VII ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO “CAMIÑO AO RESPECTO” (DOMINGO 24 DE NOVEMBRO ÁS 11:00 HORAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA)

18 de Novembro de 2019

Ao abeiro do convenio asinado entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Secretaría Xeral da Igualdade, para levar a cabo as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, vaise organizar, co gallo do Día Internacional contra a violencia de género a

VII ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO “CAMIÑO AO RESPECTO” (DOMINGO 24 DE NOVEMBRO ÁS 11:00 HORAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA)

 

É moi importante a presenza de todo o deporte galego neste evento para consolidar e darle maior visibilidade á campaña do NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO, que iniciamos o pasado mes de marzo desde o mundo do deporte.​

 

Por tal motivo, gustaríanos contar coa  presenza e apoio de todos os estamentos do Tríatlon e Péntatlon Moderno.

 

A continuación tedes a invitación da Secretaría Xeral para o Deporte á actividade así como o plano do espazo do Monte do Gozo desde onde sairá a andaina. 

Para participar é necesario acceder á seguinte ligazón e  cubrir o formulario deste enlace http://www.andainaigualdadexunta.gal

Mapa andaina v2

Quizáis che interese…