XORNADAS ABERTAS FEGATRI

23 de Outubro de 2015

Convócase a todos os membros desta federación a unhas xornadas de debate,  acerca de calquera tema que  se considere de interese, para mellorar o funcionamento da FEGATRI: Os seus estamentos e competicións, normativas de competición, regulamentos, formación de técnicos, tramitación de licenzas, selección galega, probas de menores, etc…

O calendario de debate confeccionarase coas propostas recibidas, propoñendo un primeiro bloque de catro horas, ampliable a outra xornada no caso de ser necesaria.  Para o máximo aproveitamento da xornada prégase concretar ao máximo as propostas a debatir, xuntando tamén a preferencia horaria que podería ser  venres  ou sábado, para ver a posible ampliación.

Prazo para recepción de propostas:  Ata o martes, 3 de novembro de 2015 (no correo fegatri@hotmail.com)

 

DATOS DA CONVOCATORIA

Lugar: Hotel Santiago Apóstol (Costa San Marcos 1, Santiago de Compostela).

Datas:  Venres 6 de Novembro de 2015 

Horario: 16:00h a 20:00h

Quizáis che interese…