Explicando as normas

Explicando as normas

 

 

**ERROS SANCIONABLES COMETIDOS A MIÚDO POLOS DEPORTISTAS

(Ver Regulamento de competición  para ampliar información)

 

√  -IMPRESCINDIBLE- DNI ou LICENZA con foto (art. 2.2).

O deportista acudirá  identificado á área de transición,  para pasar o control de material. (Documento oficial)

Non se permitirá a participación de ningún participante que non estea no listado facilitado pola organización e previamente visado pola Fegatri.

√  – CASCO PECHADO SEMPRE QUE  HAXA CONTACTO COA BICICLETA . (art 5.2)

O casco debe ir posto e pechado en todo momento no que se ten contacto coa bicicleta.

Cando pasamos o control de material

Nos quecementos

En todo o sector ciclista

Na área de transición

Antes de coller a bicicleta do soporte

Ata o momento en que se deposita a bicicleta no soporte, unha vez deixamos a bicicleta no soporte xa se pode abrir e sacar.

 √  – DORSAL OBRIGATORIO NA CARREIRA A PÉ

O dorsal será obrigatorio e claramente visible á fronte do deportista, en todo momento, na carreira a pé e  na entrada á meta.

  √  – CIRCULACIÓN CORRECTA NA TRANSICIÓN

Débese acceder polo pasillo correcto e respectar o senso de circulación

Prohibido pasar por baixo ou por riba das barras ou soportes das bicicletas

√  – PROHIBIDO AGARRARSE ÁS ÁRBORES, VALOS OU MATERIAL URBANO PARA IMPULSARSE NOS XIROS

O deportista non pode agarrarse nos xiros ou curvas aos valos, árbores, farolas ou calquera outro material.

 √  – OLLO Á BICICLETA

O guiador-    

Curva tradicional para competición de estrada. Extremos taponados

tapóns NON!!

O acople

En competicións Autonómicas (aberta ou GGEE) onde se permite o “drafting”/ Ir a roda permitido  está PROHIBIDO o uso de calquera acople ou  engadido ao manillar (soporte do acople ou semellante). Non se permite acople de ningún tipo.

 

A roda (Competición aberta autonómica ou GGEE)-

Non menos de 12 radios.

 

√  -RESPONSABILIDADE XERAL DO ATLETA

Obriga de coñecer o circuíto e o regulamento

Responsabilidade de completar o circuíto

√  -AXUDAS EXTERNAS

Non  se permite ningún tipo de axuda, agás o avituallamento e material de reparación entre deportistas na competición.

Os adestradores deben dar as indicacións quietos dende fóra do circuíto.

Non se pode abandoar o material entregándoo aos adestradores ou expectadores.