Aprazamento do Dúatlon de Reis en Vimianzo

duatlon de reis_aprazamento

28 de Xaneiro de 2021

APRAZAMENTO DA PROBA

O día 19 de Xaneiro a Xunta de Galicia facía pública a suspensión de todas as competicións federadas de carácter autonómico. Esta medida terá vixencia, como mínimo, ata o 17 de febreiro.

Ante esta situación e, sobre todo, ante a incerteza de saber cando se poderán volver a celebrar competicións federadas, a organización do Dúatlon de Reis, xunto coa Fegatri, tomaron a decisión de aprazar a proba prevista para o 28 de febreiro.

Dende a Federación queremos aclarar que a nosa intención é a de volver a publicar unha nova data para a celebración do XII Dúatlon de Reis e do Campionato Galego de Dúatlon Cros en canto as autoridades competentes consideren viable a volta das competicións federadas de carácter autonómico.

Sentimos ter que tomar esta decisión, pero nas circunstancias actuais o máis importante é a saúde e para iso debemos cumprir coas normas impostas polas autoridades. Pedímosvos que respectedes as medidas de seguridade ditadas polas autoridades para que todo isto pase o antes posible.

Moito ánimo a todas e todos e non vos esquezades de que seguimos tendo unha cita deportiva en Vimianzo!!

Quizáis che interese…