AXUDAS ESCOLAS DEPORTIVAS 2019
Convocatoria
https://fegatri.org/convocatoria-solicitude-axudas-a-escolas-de-triatlon-e-pentatlon-moderno/
A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon convoca solicitude de axudas para as escolas de Tríatlon e Péntatlon Moderno. Nos seguintes arquivos podes consultar as bases e documentación necesaria para a solicitude. Prazo de presentación de solicitudes ata o próximo, 15 de setembro de 2019.
SOLICITUDES RECIBIDAS (16/09/2019)
NOME |
A.D. FOGAR |
A.D. NAUTICO DE NARON |
A.D. TRI-PENTA TERRAS DE LUGO |
A.POLIDEPORTIVA SAN RAMON DE VILALBA |
ARCADE INFORHOUSE SANTIAGO |
C. NATACION CEDEIRA MUEBLES GARCIA |
CIDADE DE LUGO FLUVIAL |
CLUB DEPORTIVO PINARIUM |
CLUB HERCULES TERMARIA |
CLUB NATACION RIVEIRA |
CLUB OLIMPICO DE VEDRA |
CLUB TRIATLON COMPOSTELA |
CLUB TRIATLON MAR DE VIGO |
NATACION PABELLON OURENSE |
OURENSE ATLETISMO |
TRIATLON ARTEIXO |
TRIATLON BOIRO |
TRIATLON FERROL |
TRISADA |
ZALAETA 100TOLOS |
Baremación- 11/10/2019
https://fegatri.org/baremacion-provisional-axudas-a-escolas-de-triatlon-e-pentatlon-moderno-2020/
A continuación podes ver a Baremación Definitiva para as Axudas ás Escolas, resoltas as reclamacións.
Puntuacións_axudas_a_escolas_2020_Definitiva
Na seguinte ligazón podes consultar o resultado da baremación provisional das axudas ás escolas 2020
Puntuación baremación_axudas_a_escolas_2020_
As reclamacións serán presentadas no prazo de 5 días hábiles dende a publicación do presente baremo provisional.
INFORMACIÓN ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE TRÍATLON (VIGO) 2017-2018:
Carta Concelleiro. Novo programa Municipal de Escolas deportivas 2017-2018
https://sede.vigo.org/expedientes/tramites/tramite.jsp?id_tramite=767&lang=gal
_____________________________________________________________________________
Información Escolas de Tríatlon e Péntatlon Moderno, 2016/2017:
ESCOLAS DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO 2016/2017
______________________________________________________________________________
Nova Club Natación Cedeira Muebles García:
Gracias á colaboración do CEIP Nicolás del Río de Cedeira, a través do seu Director, Alejandro Martínez, e o Club Natación Cedeira Muebles García, vanse a realizar diferentes eventos deportivos-educativos de forma conxunta ao longo do curso.
O primeiro deles foi onte, 11 de marzo, xa que o noso Director Deportivo, Xan Suárez, se desprazou ata o Colexio de Cedeira a impartir unhas charlas sobre Triatlón. Os nenos agrupárone en 3 grupos por idades, e foron escoitando con moito interés o que Xan estaba a ensinar. Visualizaron vídeos de probas internacionais de Tríatlon, probas de Tríatlon infantil, e vídeos dos adestramentos que o Club Natación Cedeira Muebles García realiza cos seus triatletas. Tamén aprenderon as modalidades do Tríatlon e puideron vivenciar uns pequenos exercicios de bicicleta e de coodinación. A verdade é que a acollida foi moi boa, os nenos e nenas atenderon e quedaron abraiados cun deporte que para a maioría era descoñecido. Ao término das charlas entregámoslles unha ficha que tiña unha invitación gratuíta para poder vir a probar durante un mes aos nosos adestramentos. Quedamos moi satisfeitos coa experiencia, agardamos que veñan a probar o triatlón con nos un gran número de nenos e nenas, e esperamos poder repetir o vindeiro curso.
Agradecemos a excepcional colaboración do CEIP Nicolás del Río, aos seus Mestres, e especialmente ao seu Director, Alejandro Martínez.
_______________________________________________________________________________
INFORMACIÓN ESCOLA AD FOGAR DA XUVENTUDE:
MAÑÁ DIA 1 DE OUTUBRO DE 2014 COMEZARÁ NAS INSTALACIÓNS DO INEF EN BASTIAGUEIRO, OLEIROS, UNHA NOVA TEMPORADA DE NATACIÓN E TRÍATLON BAIXO A ORGANIZACIÓN DE A AD. FOGAR DA XUVENTUDE.
Dende a Xunta Directiva da entidad que represento queremos dar a benvida ós 125 deportistas xa inscritos para esta nova campaña 2014-2015 na que nos marcamos o obxectivo de centrarnos máis que nunca na formación e o adestramento de base, aumentando o número de prazas nas nosas escolas de natación e tríatlon coa inclusión de máis grupos e actividades.
– Natación, Ciclismo e Carreira a pé dende os 5 anos.
Para máis información síguenos en:
http://193.144.48.159/fmi/iwp/cgi?-db=AD%20FOGAR&-loadframes
Aínda quedan prazas!!!