Aída García e Gabriel Castiñeira Campións galegos de Dúatlon Cros

NOVAS FEGATRI duatlon cros

18 de Maio de 2022

Aproveitando o festivo polo Día das Letras Galegas en Galicia, o 17 de Maio celebramos o Campionato Xunta de Galicia de Dúatlon Cros en Baio (Concello de Zas) onde, a duatleta Aída García do Tríatlon Inforhouse de Santiago e Gabriel Castiñeira do Tríatlon Costa da Morte, convertíronse nos novos campións galegos de Dúatlon Cros.

Campionato Galego de Duatlon Cros_baio 2022

Na proba masculina, o duatleta do Tríatlon Costa da Morte Gabriel Castiñeira, facíase coa victoria despóis dun excelente recorrido en bicicleta, por diante de Marcos Mayo do Tríatlon O Treito e Daniel Gómez do Tríatlon Ferrol.

Campionato Galego de Duatlon Cros_baio 2022

Na categoría feminina a victoria foi para a duatleta do Tríatlon InforHouse de Santiago Aída García, por diante das duatletas do Tríatlon Ferrol, María del Mar Delgado e María Jose Martínez.

Nas probas do Circuito Mozo as victorias foron para Hugo Souto do A.D. Fogar na categoría masculina e Alejandra Neira do Tríatlon InforHouse de Santiago na categoría feminina.

Campionato Galego de Duatlon Cros_baio 2022_circuito mozo

Podio feminino Circuito Mozo

Campionato Galego de Duatlon Cros_baio 2022_circuito mozo masculino

Podio masculino Circuito Mozo

 

CONSULTAR CLASIFICACIÓNS

Noraboa as campionas e campións como tamén a tod@s @s participantes por esta eroica mañá de martes das ” LETRAS GALEGAS”. 

FOTOGRAFÍAS DO EVENTO

Quizáis che interese…