**ERROS SANCIONABLES COMETIDOS A MIÚDO POLOS DEPORTISTAS |
(Ver Regulamento de competición para ampliar información)
√ -IMPRESCINDIBLE- DNI ou LICENZA con foto (art. 2.2).
O deportista acudirá identificado á área de transición, para pasar o control de material. (Documento oficial)
Non se permitirá a participación de ningún participante que non estea no listado facilitado pola organización e previamente visado pola Fegatri.
√ – CASCO PECHADO SEMPRE QUE HAXA CONTACTO COA BICICLETA . (art 5.2)
O casco debe ir posto e pechado en todo momento no que se ten contacto coa bicicleta.
Cando pasamos o control de material
Nos quecementos
En todo o sector ciclista
Na área de transición
Antes de coller a bicicleta do soporte
Ata o momento en que se deposita a bicicleta no soporte, unha vez deixamos a bicicleta no soporte xa se pode abrir e sacar.
√ – DORSAL OBRIGATORIO NA CARREIRA A PÉ
O dorsal será obrigatorio e claramente visible á fronte do deportista, en todo momento, na carreira a pé e na entrada á meta.
√ – CIRCULACIÓN CORRECTA NA TRANSICIÓN
Débese acceder polo pasillo correcto e respectar o senso de circulación
Prohibido pasar por baixo ou por riba das barras ou soportes das bicicletas
√ – PROHIBIDO AGARRARSE ÁS ÁRBORES, VALOS OU MATERIAL URBANO PARA IMPULSARSE NOS XIROS
O deportista non pode agarrarse nos xiros ou curvas aos valos, árbores, farolas ou calquera outro material.
√ – OLLO Á BICICLETA
O guiador-
Curva tradicional para competición de estrada. Extremos taponados
O acople –
En competicións Autonómicas (aberta ou GGEE) onde se permite o “drafting”/ Ir a roda permitido está PROHIBIDO o uso de calquera acople ou engadido ao manillar (soporte do acople ou semellante). Non se permite acople de ningún tipo.
A roda (Competición aberta autonómica ou GGEE)-
Non menos de 12 radios.
√ -RESPONSABILIDADE XERAL DO ATLETA
Obriga de coñecer o circuíto e o regulamento
Responsabilidade de completar o circuíto
√ -AXUDAS EXTERNAS
Non se permite ningún tipo de axuda, agás o avituallamento e material de reparación entre deportistas na competición.
Os adestradores deben dar as indicacións quietos dende fóra do circuíto.
Non se pode abandoar o material entregándoo aos adestradores ou expectadores.