FAITE OFICIAL DE TRÍATLON!!!
A FEGATRI é a responsable da formación autonómica.
Os xuíces autonómicos teñen as categorías de Oficial Técnico Nivel I e Oficial Técnico Nivel II de Tríatlon.
O noso colectivo segue a normativa e estrutura formativa da Federación Española de Triatlón . Os xuíces formados en Galicia pasan a formar parte desta estrutura.
Os cursos de formación desenvólvense entre o remate dunha tempada e o comezo da seguinte. Nos meses de decembro-xaneiro publícase a convocatoria de formación, cos procedementos de inscrición.
FAITE OFICIAL DE TRÍATLON! e disfruta do tríatlon doutro xeito.
– PROGRAMA Oficial Nivel I
– PROGRAMA Oficial Nivel II