TRIUNFO DE AROA FREIJE E BRONCE DE RAÚL BLANCO NO OPEN INTERNACIONAL DE PERPIGNAN

29 de Xuño de 2014

A lucense Aroa Freije segue sumando triunfos. O sábado logrou a vitoria individual no Open Internacional de Perpignan mentres que Raul Blanco foi terceiro. Este torneo é unha proba internacional de alto nivel con deportistas de seis países.

Aroa mellorou o seu rendemento na súa disciplina máis débil que é a esgrima e conseguiu manter o nivel de tiro na combinada a pesar do fortísimo vento. Ao final, a galega gañou a natación, foi cuarta na esgrima e primeira na combinada. A maioría dos deportistas tiveron serias dificultades para completar os brancos do tiro antes de finalizar o tempo permitido e os tempos de carreira víronse tamén afectado polo vento.

Pola súa banda, Raúl fixo o quinto mellor tempo na natación, foi cuarto na esgrima a só 3 vitorias do primeiro e terceiro na combinada.

O domingo fixeron xuntos o relevo mixto. En natación gañaron cun tempo de 2’00. Con ese resultado deixaron a 17 segundos ao seguinte equipo na saída da combinada. Aroa iniciou o tiro sen un só erro e puxo xa distancia coas outras rapazas. Raúl, máis regular no tiro que o día anterior completou a carreira sen abandonar o primeiro posto. Tras eles chegaron Ariadna Mora e Lluis Shivell que fixeron tamén unha gran competición.

 

Quizáis che interese…