DEPORTISTAS E TÉCNICOS

A FEGATRI axúdate coas dúbidas máis comúns dos triatletas sobre o regulamento.

Ademais, fedérate e coñéceo todo sobre o Seguro Deportivo.

ERROS SANCIONABLES COMETIDOS A MIÚDO POLOS DEPORTISTAS

carnet

IMPRESCINDIBLE- DNI ou LICENZA con foto (art. 2.2).

  • nO/a deportista acudirá identificado á área de transición, para pasar o control de material. (Documento oficial)
  • Non se permitirá a participación de  participantes que non estea no listado facilitado pola organización e previamente visado pola Fegatri.
dorsal verde

DORSAL OBRIGATORIO NA CARREIRA A PÉ e no ciclismo

  • O dorsal será obrigatorio e claramente visible á fronte do deportista, en todo momento, na carreira a pé e na entrada á meta.
  • O dorsal será obrigatorio no ciclismo na espalda do deportista
casco verde

CASCO PECHADO SEMPRE QUE HAXA CONTACTO COA BICICLETA . (art 5.2)

  • O casco debe ir posto e pechado en todo momento no que se ten contacto coa bicicleta.
  • Cando pasamos o control de material.
  • Nos quecementos.
  • En todo o sector ciclista.
  • Na área de transición.
  • Antes de coller a bicicleta do soporte.
  • Ata o momento en que se deposita a bicicleta no soporte, unha vez deixamos a bicicleta no soporte xa se pode abrir e sacar.
carretera verde

CIRCULACIÓN CORRECTA NA TRANSICIÓN

  • Débese acceder polo pasillo correcto e respectar o senso de circulación
  • Prohibido pasar por baixo ou por riba das barras ou soportes das bicicletas
arbol1

PROHIBIDO AGARRARSE ÁS ÁRBORES, VALOS OU MATERIAL URBANO PARA IMPULSARSE NOS XIROS

  • O deportista non pode agarrarse nos xiros ou curvas aos valos, árbores, farolas ou calquera outro material.
gdpr

RESPONSABILIDADE XERAL De deportistas

  • Obriga de coñecer o circuíto e o regulamento xeral e específico da proba
  • Responsabilidade de completar o circuíto
  • Responsabilidade de non causar perigo a outros deportistas ou a sí mesmo/a
me gusta1

AXUDAS EXTERNAS

  • Non se permite ningún tipo de axuda, agás o avituallamento e material de reparación entre deportistas na competición.
  • Os/as adestradores/as deben dar as indicacións de xeito estático dende fóra do circuíto.
  • Non se pode abandoar o material entregándoo a adestradores/as ou persoas expectadoras.
ciclista

OLLO Á BICICLETA

  • O GUIADOR.
    Curva tradicional para competición de estrada. Extremos taponados tapons no
  • O ACOPLE.
    En competicións Autonómicas (aberta ou GGEE) onde se permite o “drafting”/ Ir a roda permitido está PROHIBIDO o uso de calquera acople ou engadido ao manillar (soporte do acople ou semellante). Non se permite acople de ningún tipo.
  • A RODA (Competición aberta autonómica ou GGEE)
    Non menos de 12 radios.

Consulta máis detalles na sección Regulamentos