OFICIAIS

oficiais
Estructura e normativas

Regulamento do Comité Galego de Xuíces e Oficiais aprobado en Asamblea Xeral. Data 19 de Octubre de 2019.

Comité Galego de xuíces e oficiais – Mónica Flores (Presidenta), Juan Luis Botana (Secretario), Julia Ferreira, Miguel Fernández 

Contacto- Mónica Flores- fegatri.xuices@gmail.com- Tlf. 982 25 13 45

 

Documentos para oficiais

Axudas para os desprazamentos de oficiais da Federación Galega de Tríatlon e Pentatlon Moderno.

Non só os triatletas
fan tríatlon.
Ti tamén podes
participar.

CONVOCATORIA CURSO XUÍCES/OFICIAIS 2021

O Colexio Galego de Xuíces e Oficiais de Tríatlon ten prevista a celebración dun curso de OFICIAL NIVEL 1 o próximo 10 de xaneiro, no CGTD en Pontevedra, encadrado dentro das actividades de Formación 2021 da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno.

imaxen xuices oficiais fegatri
FORMACIÓN DE OFICIAIS AUTONÓMICOS

Faite oficial de Tríatlon.

A FEGATRI é a responsable da formación autonómica.
Os xuíces autonómicos teñen as categorías de Oficial Técnico Nivel I e Oficial Técnico Nivel II de  Tríatlon.

O noso colectivo segue a normativa e estrutura formativa da Federación Española de Triatlón . Os xuíces formados en Galicia pasan a formar parte desta estrutura.

Os cursos de formación  desenvólvense entre o remate dunha tempada e o comezo da seguinte. Nos meses de decembro-xaneiro publícase a convocatoria de formación, cos procedementos de inscrición.

FAITE OFICIAL DE TRÍATLON! e disfruta do tríatlon doutro xeito

xuices fegatri

Explicando as normas

**ERROS SANCIONABLES COMETIDOS A MIÚDO POLOS DEPORTISTA

(Ver regulamento de competición para ampliar información.)

√  -IMPRESCINDIBLE- DNI, LICENZA ou DOCUMENTO OFICIAL con foto (art. 2.2).

O deportista acudirá  identificado á área de transición,  para pasar o control de material. (Documento oficial)

Non se permitirá a participación de ningún/ha deportista participante que non estea no listado facilitado pola organización e previamente visado pola Fegatri.

√  – CASCO PECHADO SEMPRE QUE  HAXA CONTACTO COA BICICLETA . (art 5.2)

O casco debe ir posto e pechado en todo momento no que se ten contacto coa bicicleta.

Cando pasamos o control de material

Nos quecementos

En todo o sector ciclista

Na área de transición

Antes de coller a bicicleta do soporte

Ata o momento en que se deposita a bicicleta no soporte, unha vez deixamos a bicicleta no soporte xa se pode abrir e sacar.

 √  – DORSAL OBRIGATORIO NA CARREIRA A PÉ E NO CICLIMO

O dorsal será obrigatorio en todos os sectores, claramente visible á fronte do deportista en carreira a pé e  na entrada á meta, e nas costas no Ciclismo.

√  – CIRCULACIÓN CORRECTA NA TRANSICIÓN

Débese acceder polo pasillo correcto e respectar o senso de circulación

Prohibido pasar por baixo ou por riba das barras ou soportes das bicicletas

√  – PROHIBIDO AGARRARSE ÁS ÁRBORES, VALOS OU MATERIAL URBANO PARA IMPULSARSE NOS XIROS

O deportista non pode agarrarse nos xiros ou curvas aos valos, árbores, farolas ou calquera outro material.(para corrixilo aplicarase unha sanción de tempo)

√  – OLLO Á BICICLETA

O guiador-    

Curva tradicional para competición de estrada. Extremos taponados.

O acople –

En competicións  onde se permite circular en grupo,  “drafting”/ Ir a roda permitido,   está PROHIBIDO o uso de calquera acople ou  engadido ao manillar (soporte do acople, repousabrazos, ou semellante). Non se permite acople de ningún tipo.

A roda (Competición aberta autonómica ou GGEE)-

Non menos de 12 radios.

√  -RESPONSABILIDADE XERAL DO ATLETA

Obriga de coñecer o circuíto e o regulamento

Responsabilidade de completar o circuíto

√  -AXUDAS EXTERNAS

Non  se permite ningún tipo de axuda, agás o avituallamento e material de reparación entre deportistas na competición.

Os adestradores deben dar as indicacións quietos dende fóra do circuíto.

Non se pode abandoar o material entregándoo a adestradores ou expectadores.

 

xuices fegatri