INFORMACIÓN E TRAMITACIÓNS

LICENZAS

  • Regulamento de Licenzas da FEGATRI aprobado en Asemblea Xeral  de 29/072021
  • Estas non serán tramitadas ata que sexan aboadas. O abono pode facerse a través da TPV no momento de solicitalas no programa ou ben mediante transferencia bancaria a nome do club e posterior envío do resgardo de pago á Federación por correo electrónico. Non se tramitará ningunha licenza sen que dito pago estea na Federación.
  • As licenzas comezarán a aceptarse dende o primeiro día hábil da tempada.
  • As licenzas serán dixitais. Cada deportista poderá descargar o carnet, unha vez aprobada a licenza, accedento ao seu perfil na plataforma de licenzas
  • A aprobación das licenzas ten establecido un prazo de 10 días dende o momento da súa solicitude formal (solicitude na plataforma e formalización do abono de acordo ao anterior)

PROGRAMA INSCRICIÓNS

Na tempada vixente seguiremos utilizando o programa  de Rockthesport que vincula a licenza FETRI.
Os Clubs poden facer as inscricións dos seus deportistas, pero tamén se disporá de opción  para que os/as deportistas se poidan inscribir de maneira individual*.

*De cara a futuras xustificacións ante as entidades, lembrade que á hora de confeccionar as facturas dos clubs, só se poderán meter as inscricións feitas polo club (no apartado correspondente).

DEPORTISTAS FEDERADOS/AS (con licenza galega ou de outra CCAA)

  • A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno www.fegatri.org, no apartado Competicións. Picar sobre a ligazón  de  inscricións . https://fegatri.org/inscricions/ e  ir á  carreira correspondente.
  • Clubs.- Accederase cos códigos de club ( son os mesmos que teñen para o acceso ao programa de licenzas.
  • Deportistas individuais- precisan introducir o seu nº de licenza e a data de nacemento).
  • O pagamento farase a través de TPV.
  • Para a participación nas probas de Circuíto,  deportistas con licenza doutra CCAA teñen unha regulamentación específica que se indicará no regulamento específico de cada proba.

DEPORTISTAS NON FEDERADOS/AS (LICENZA 1 DÍA)

  • A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno www.fegatri.org, no apartado Competicións. Picar sobre a ligazón  de  inscricións . https://fegatri.org/inscricions/ e  ir á  carreira correspondente.
  • O pago farase a través de TPV.
  • Para validar a inscrición é imprescindible o envío da copia do DNI en vigor e documento de protección de datos cuberto e asinado á Federación, a través da plataforma,  dentro do prazo de inscrición, tal e como se especificará no regulamento de cada proba.*Todos os correos con documentación son contestados.

PUBLICACIÓN LISTAS DE INSCRITOS

Como norma xeral:

  • Publicación lista provisional: o xoves anterior á proba publicarase a lista provisional de inscritos (esta admite reclamacións cando na lista se da algún erro debido ao manexo dos datos na Federación, por exemplo, baixas solicitadas en tempo que non aparecen dadas no listado, …).
    É moi importante revisar esta listaxe para ter opción a reclamar se hai algún erro na mesma.
  • Publicación lista definitiva: o venres anterior á proba publicarase a lista definitiva (esta é firme e xa non admite cambios).

BAIXAS E POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS

No regulamento de cada proba indicarase como están reguladas as baixas na mesma e a política de devolucións.
Como norma xeral: As baixas deben ser comunicadas á Federación (fegatri@hotmail.com) antes de rematar o prazo de inscrición. Unha vez pechado o prazo de inscrición non se fan devolucións.

*No caso de inscricións incompletas (falta de documentación): estas serán anuladas e non se farán devolucións.

**No caso de inscricións en probas que non corresponde (como Ctos Galegos para os que é precisa unha clasificación anterior), deben solicitarse as baixas antes de que remate o prazo de inscrición. Unha vez rematado anúlase a inscrición e non se fai devolución.
As devolucións das baixas comunicadas en tempo e forma serán aboadas na semana seguinte á celebración da proba, a través de TPV, na mesma tarxeta de pagamento.

INFORMACIÓN SOBRE CERTIFICACIÓNS E AS SÚAS SOLICITUDES

Certificacións Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno: Consultadoo Departamento Xurídico da Federación Española  sobre as certificacións que podemos facer dende a nosa Federación (FEGATRI), comunícasenos o seguinte:

  1. A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno só pode certificar datos autonómicos sobre os que ten potestade.
  2. A Federación só pode certificar as licenzas que expide ou emite (das que posúe o soporte documental e autorización de protección de datos),  non outras emitidas ou expedidas por outra Federación. É dicir, a FEGATRI só pode certificar licenzas galegas, isto é, as que expide dita entidade, pero as de galegos que teñan licenzas noutras CCAA non.
  3. A Federación Galega só pode certificar os resultados deportivos das probas federadas oficiais do seu ámbito territorial, pero non outras que deberán ser certificadas pola entidade titular do evento en base a súa natureza xurídica. Sin embargo, sí poderá certificar os resultados obtidos en probas nas que a Federación acode coa súa selección correspondente.

Exemplos:

A FEGATRI certifica resultados das competicións federadas oficiais de Galicia.
A FEGATRI certifica resultados obtidos por persoas que integran a Selección Galega no ámbito supra-autonómico.
A Federación Española certifica resultados das competicións federadas oficiais estatais.
A Federación Española certifica resultados obtidos por persoas que integran a selección española no ámbito internacional.
A World Triathlon ou ETU certifican resultados obtidos por persoas que NON integran a selección española no ámbito internacional, sempre que sexan probas da World Triathlon ou ETU.

 

  • As solicitudes de certificados deberán facerse todas por escrito ao correo da Federación (fegatri@hotmail.com), indicando os datos do/a deportista e/ou club (nome completo e DNI), o que se solicita e o organismo/institución para quen vaia.
  • No caso de certificación de resultados: indicarase o nome completo da proba, lugar e data completa de celebración e posto acadado (para poder facer a posterior comprobación).
  • Unha vez dispoñamos de todos estes datos, a tramitación dos certificados será de unha semana.
  • Non se emitirá ningún certificado do cal a solicitude non conteña os datos indicados.
  • Lembrase que só se poden certificar probas oficiais da Federación Galega de Tríatlon e P.M..