ARTIGO 6

Información Institucional, organizativa e de planificación
A. FUNCIÓNS

Conforme o artº 1 dos Estatutos a Federación Galega de Tríatlon , constituída o día 10 de abril de 1989, é unha Entidade de Dereito Privado que reúne a deportistas, adestradores, xuíces, así como a clubs, asociacións, agrupacións e á totalidade de Entidades dedicadas á práctica do Tríatlon e Péntatlon Moderno no territorio galego.

 

 

Conforme o artº 2 dos Estatutos a Federación Galega de Tríatlon ten plena personalidade xurídica, propia e absoluta capacidade de obrar para o logro da consecución dos seus fins, sen ánimo de lucro, e réxese pola lexislación vixente, polos seus propios estatutos e regulamentos debidamente aprobados e polas demais disposicións legais ou federativas que resulten aplicables.

Conforme o artº 5 dos Estatutos son competencias da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno:

  1. Promover o desenvolvemento e a práctica do tríatlon, e regulamentar e coordinar o aspecto técnico e organizar os campionatos e competicións da súa xurisdición.
  2. Regular o réxime xurídico e disciplinario dos clubs, seccións deportivas, asociacións, agrupacións, comités e a totalidade das entidades, deportistas, persoas adestradoras, oficiais, xuíces e xuízas, persoas directivas e todas aquelas persoas que dalgún xeito interveñan na organización e práctica do tríatlon, cumprindo sempre as disposicións vixentes sobre estes casos.
  3. Formar e cualificar o persoal técnico e deportivo especializado.
  4. Organizar a competición e actividades de tríatlon e as especialidades recollidas no artigo catro.
  5. Coordinar as funcións e competencias das delegacións zonais e delegacións comarcais.
  6. Asignar, controlar e fiscalizar as axudas e subvencións aos seus afiliados.
  7. Convocar as seleccións deportivas e designar as persoas deportistas que as integren.
  8. Elaborar os seus propios regulamentos deportivos e os das súas especialidades deportivas.
  9. Elaborar e aprobar o orzamento do exercicio anual, memoria, balance e contas.
  10. Subscribir convenios coas administracións públicas e corporacións e entidades dependentes delas e outras persoas ou entidades xurídico-privadas
  11. Son funcións públicas delegadas, e serán exercidas en réxime de exclusividade pola Federación Galega de Tríatlon, sen que poidan ser obxecto de delegación ou exercicio por ningunha substitución sen autorización da Administración deportiva as seguintes: a) Representar a Comunidade Autónoma de Galicia nas actividades e competicións deportivas da súa modalidade, de conformidade coa normativa de aplicación. b) Organizar as competicións oficiais autonómicas federadas. c) Expedir licenzas deportivas nos termos da lexislación vixente. d) Asignar as subvencións e axudas de carácter público concedidas a través da Federación e controlar que os seus asociados lles dean unha correcta aplicación. e) Garantir o cumprimento das normas de réxime electoral nos procesos de elección dos seus órganos representativos e de goberno, así como dos demais dereitos e obrigas derivados do cumprimento dos estatutos. f) Exercer a potestade disciplinaria nos termos establecidos pola lexislación vixente, do deporte de Galicia e polas súas disposicións de desenvolvemento, de acordo cos estatutos e regulamentos. g) Executar, de ser o caso, as resolucións do Comité Galego de Xustiza Deportiva.

Conforme o artº 56 da Lei 3/2012, de 2 de abril, do Deporte de Galicia:
2.-As federaciones deportivas galegas exercerán como funcións propias as siguientes:

a) A convocatoria das seleccións deportivas da súa modalidade deportiva e a designación dos deportistas que as integren.

b) Colaborar coas administracións públicas e coa Federación Española correspondente, así como coas restantes entidades deportivas, na promoción das súas respectivas modalidades.

c) Colaborar coa Administración deportiva autonómica na execución dos planes e programas dos deportistas galegos de alto nivel.

d) No seu caso, e de conformidade coa normativa que sexa de aplicación, colaborar e/ou organizar as competicións oficiais e actividades deportivas de carácter estatal ou internacional que se realicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Elaborar os seus propios regulamentos deportivos.

f) Colaborar coa Administración deportiva autonómica na formación de adestradores, xuíces e árbitros segundo a normativa que sexa de aplicación.

4.-Son funcións públicas delegadas, e exerceranse en réxime de exclusividade polas federacións deportivas galegas, as seguintes:

a) Representar á Comunidade Autónoma de Galicia nas actividades e competicións deportivas da súa modalidade, de conformidade coa normativa que lle sexa de aplicación.

b) Organizar as competicións oficiais autonómicas federadas.

c) Expedir licencias deportivas para a práctica da súa modalidade deportiva nos termos establecidos na presente lei.

d) Asignar as subvencións e axudas de carácter público concedidas a través da Federación e controlar que os seus asociados lles den unha correcta aplicación.

e) Garantizar o cumprimento das normas de réxime electoral nos procesos de elección dos seus órganos representativos e de goberno, así como dos demais dereitos e obrigacións derivados do cumprimento dos seus respectivos estatutos.

f) Exercer a potestade disciplinaria nos termos establecidos pola presente lei e polas súas disposicións de desenrolo, de acordo cos seus respectivos estatutos e regulamentos.

g) Executar, no seu caso, as resolucións do Comité Galego de Xustiza Deportiva.

h) Colaborar coas administracións públicas competentes na prevención, control e represión do uso de sustancias e grupos farmacolóxicos prohibidos, así como na prevención da violencia no deporte. A estes efectos, e entre outras accións, as federacións deportivas galegas instruirán e resolverán os expedientes sancionadores que no ámbito do dopaxe se sustancien, de conformidade co establecido no título VIII da presente lei.

i) Calquera outra que regulamentariamente se determine.

B. NORMA APLICABLE
  • Lei 3/2025, do 15 de decembro, de modificación da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, ou norma que a substitúa.
  • Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, ou norma que a substitúa.
  • Orde do 8 de setembro de 2010 pola que se establecen os criterios para a elaboración de regulamentos e a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, ou norma que a substitúa.
  • Resolución do 8 de setembro de 2009, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ditan as Normas de bo goberno das federacións deportivas de Galicia, ou norma que a substitúa.
  • Resto de normativa aplicable ás federacións deportivas que se aprobe, así como a propia de cada entidade.
  • Estatutos da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno inscritos co nº F-02042 no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia.
C. ESTRUCTURA ORGANIZATIVA

COMISIÓN XESTORA

  • Presidencia: Javier Campos Peña
  • SecretarÍa Xeral: Patricio Farias Forneiro
  • Tesourería: María Estefanía Nebril Breiro
  • Xan Xosé Súarez Estevez
  • Cristóbal Rodríguez Fidalgo

 

XUNTA DIRECTIVA

  • Presidencia:
  • SecretarÍa Xeral:
  • Tesourería:
  • Vogais

Historial Curricular dos membros Xunta Directiva

COMISIÓN DELEGADA

ASAMBLEA XERAL

PRESIDENCIA

ESTAMENTO DEPORTISTAS

    • Manuel Castro Rodríguez
    • José Ledo Novoa
    • José Humberto Gallidoro del Monte
    • Ramón Troncoso Sobrino
    • Ángel Fernández Vidal
    • Bruno Martínez Bargiela
    • Miguel Daporta Méndez
    • Alejandro Rodríguez Rilo (DGAN)

ESTAMENTO DE TÉCNICOS

  • Francisco Cendán Lloréns
  • Ana Valín López

ESTAMENTO DE XUÍCES

  • Pablo Cabanelas Eiras
  • Javier Ángel Vázquez Orejas

ESTAMENTO DE CLUBS:

  • A.D. FOGAR DA XUVENTUDE
  • A.D. NAUTICO DE NARON
  • CIDADE DE LUGO FLUVIAL
  • CLUB ATLETISMO PORRIÑO
  • CLUB DEPORTIVO DELIKIA
  • CLUB DEPORTIVO PINARIUM
  • CLUB NATACIÓN RIBEIRA
  • CLUB OLIMPICO DE VEDRA
  • CLUB TRIATLON BETANZOS
  • CLUB TRIATLÓN COMPOSTELA
  • CLUB TRIATLON CORUÑA
  • CLUB TRIATLON NEGREIRA
  • CLUB TRIATLON MAR DE VIGO
  • CLUB TRIATLON POIO
  • CLUB TRIATLON FERROL
  • CLUB TRIATLON SANTIAGO
  • PEÑA CICLISTA RIAS BAIXAS
Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.