PROGRAMA AMAZONAS

A Federación Galega de Tríatlon e P.M.  adscribíuse ao Programa Lideresas- Amazonas da Federación Española de Tríatlon e o Consejo Superior de Deportes que ten como obxectivo a promoción e desenvolvemento do deporte feminino mediante a realización de diversas actividades.

O proxecto en Galicia, na tempada 2026,  está coordinado  pola Técnica da Federación Galega de Tríatlon,  Irene Mera González con quen podes contactar a través do enderezo electrónico lideresas-amazonas@fegatri.org

O programa Lideresas- Amazonas en Galicia constará de varias actividades, cuxa finalidade é a de promover e visibilizar  a través da motivación a práctica o tríatlon feminino. Realizaranse charlas divulgativas, encontros,…  dirixidas a  deportistas femininas, de categorías  menores da Comunidade  no caso do Programa Amazonas e “Quedadas Lideresas”, campus e outras actividades de lecer para deportistas do resto de categorías.

 

 

 

 

ACTIVIDADES

Concentración Madrid 1 ao 3 de Novembro

A Federación Galega de Tríatlon na súa colaboración coa FETRI a través do Programa Amazonas, participa na Concentración que se desenvolve en Madrid do 1 ao 3 de novembro de 2019.

  • Adestradora Responsable:
    Marta Barbeito Domínguez
  • Deportistas:
    Sabela González Vilas (Arcade Inforhouse Santiago)
    Andrea Vidal Lamas (AD Tripenta Terras de Lugo)
Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.