13º posto para Antonio Serrat e 10º para o relevo mixto Junior/Sub23 nas Series Mundiais de Hamburgo

18 de Xullo de 2023

O 15 e 16 de xullo celebrouse en Hamburgo a quinta proba das Series Mundiais e o Campionato do Mundo de relevos tanto Élite como Junior/Sub23.

O sábado, na proba individual, Antonio Serrat rematou na 13ª posición a tan só tres postos de entrar na serie final onde competían os dez mellores triatletas das probas anteriores.
O gañador foi o neozelandés Hayden Wilde. O podio completouno Vasco Vilaca (POR) e Alex Yee (GBR).

Resultados completos.

Máis tarde foi a quenda do relevo mixto da categoría Junior/Sub23. O equipo español estivo formado por tres galego, Andrés Prieto, Elsa Pena e Esteban Basanta que xunto a María Casals remataron na 10ª posición.
O equipo vencedor foi o alemán, seguido do italiano e o neozelandés.

Resultados do relevo Junior/Sub23. 

O domingo, Antonio Serrat volveu correr nas rúas de Hamburgo xunto ao equipo español no Campionato do Mundo de Relevos Mixtos Élite. Antonio Serrat, Miriam Casillas, Roberto Sánchez e Anna Godoy realizaron unha gran actuación conseguindo o 10º posto.
A primeira posición foi para Alemania, seguida de Nova Zelanda e Suiza.

Resultados do relevo mixto Élite.

 

Imaxe: Federación Español

 

Quizáis che interese…