165 INSCRITOS NO X DÚATLON DE GUITIRIZ  QUE SE CELEBRA O 13 DE FEBREIRO

11 de Febreiro de 2016

O sábado 13 de febreiro celebrarase o  X Dúatlon Concello de Guitiriz, que conta cunha inscrición de 165 deportistas. Con esta proba damos comezo ao Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2016.

O Dúatlon de Guitiriz, que se celebra sobre a distancia sprint (5 quilómetros a pe, 20 quilómetros en bicicleta e 2,5 de carreira a pe), ten como punto de saída e de chegada a Praza da Igrexa. A proba feminina comezará ás 17:10 horas, mentres que a masculina terá dúas saídas (15:30 e 17:00 horas).

Entre os participantes, nomes destacados coma Brais Canosa (Arcade Inforhouse), Brais Misa (Atletismo Porriño), Lucas Escaneo (Tríatlon Morrazo) ou Enrique Morán (Atletismo Porriño). Na proba feminina non hai claras favoritas, con María Souto (Cidade de Lugo Fluvial), Beatriz Castiñeira (GV Sports Club) ou Olalla Duro (ARTROGAL-TRI 498), entre outras deportistas inscritas.

O Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2016 está formado por cinco   probas: Guitiriz, Santiago, Riveira, Arteixo e Vigo. En xogo a clasificación para o Galego de Dúatlon (18 prazas en cada proba do circuíto). O pasado ano, en Guitiriz proclamáronse vencedores Gustavo Rodríguez e Joselyn Brea.

 

Quizáis che interese…