ELSA PENA E ESTEBAN BASANTA DAN O PISTOLETAZO DE SAÍDA A COMPETICIÓN INTERNACIONAL NO CONTEXTO COVID19 PARTICIPANDO NA COPA DE EUROPA JUNIOR DE RIGA (LETONIA)

14 de Agosto de 2020

As promesas galegas Elsa Pena e Esteban Basanta, ambos da canteira do Club Triatlón Cidade de Lugo,  partiparán  na primeira competición internacional, á que acudirá a Selección Española, no contexto COVID 19. 

O próximo domingo, 16 de agosto, despois de meses de suspensións e aprazamento de probas locais, nacionais e internacionais estes deporstistas disputarán a Copa de Europa de Triatlón Junior de Riga (Letonia) . A proba celebrarase  na capital letona  onde deberán completar un percorrido de distancia supersprinte ( 375m de natación,  13’1km de ciclismo e 3’33km).

Os deportistas , de categoría Junior , e que xa formaron parte do equipo de Relevo Mixto Youth Campión de Europa en 2019 atópanse xa en Riga despois de pasar as pertinentes probas de saúde,  antes da viaxe e unha vez no pais de destino,  para confirmar o seu estado e poder competir con garantías de seguridade para eles e o resto de deportistas seguindo os protocolos establecidos pola ITU.

12:00 Copa de Europa Junior Feminina

14:30 Copa de Europa Junior Masculina

Información Complementaria 

Elsa Pena Historial ITU 

Esteban Basanta Historial ITU

 

Quizáis che interese…