3 PROBAS INTERNACIONAIS PARA O TRIATLÓN GALEGO

16 de Outubro de 2023

Este fin de semana tivemos unha ampla representación por todo o mundo… en primeiro lugar tivemos a Copa do Mundo en Brasilia onde Antonio Serrat, tras atoparse na cabeza da carreira en todo momento e baixarse a correr nos primeiros, acadou a 2ª posición… un gran resultado para el e unha boa suma de puntos para o ranking mundial…

Un pouco máis preto tivemos a Andrés Prieto (foto 1) e a María Alzaga (foto 2) en Alanya, Turquía… na Copa de Europa de Triatlón Élite, onde ambos  acadaron boas posicións… Andrés conseguiu un 23º posto e María Alzaga un 25º posto.

 

 

 

 

 

E o último galego representando a España polo mundo foi Esteban Basanta en Chengdu, China, onde se disputou unha Copa do Mundo Élite. Esteban cruzou a meta na 18ª posición.
Parabéns a todos!!

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.