MARTA BARBEITO E JOSÉ MANUEL PARDO, GAÑADORES DO I TRIATLON POPULAR CONCELLO DE MUXÍA

21 de Xullo de 2013

 Marta Barbeito (A.D. Fogar) e José Manuel Pardo Leis (Muralla de Lugo) proclamáronse hoxe gañadores  do I Tríatlon Popular Concello de Muxía no que participaron máis de 200 deportistas. Esta foi a primeira proba de tríatlon que se celebrou nesta localidade e houbo un éxito espectacular de público, co pobo envocardo coa proba.

 Houbo dúas probas, unha de mini-sprint -as distancias son de 300 metros en natación, 10 quilómetros e 2,5 de carreira a pe- e a sprint, na que participaban deportistas destacados. Na categoría feminina, Marta Barbeito (A.D. Fogar), que partía como unha das favoritas, foi dominando a proba dende o inicio. Foi a mellor na natación e tamén na bicicleta, pero na carreira a pe baixou o ritmo e a cadete Carla Castaño (Arcade Inforhouse) logrou recortar distancias, pero non tanto como para quitarlle o primeiro posto. Así, gañou Marta Barbeito cun tempo de 1:12:34, mentres que segunda foi Carla Castaño (1:13:21) e terceira Tatiana Domíngue (Motobike) cun tempo de 1:15:27.

Na proba masculina, José Manuel Pardo Leis (Muralla de Lugo) foi de menos a máis, ata acadar a primeira posición. Foi o sexto na natación e o terceiro na bicicleta, para confirmar o triunfo na carreira a pe, onde logrou o mellor parcial. Así Pardo Leis logrou o triunfo cun tempo de 1:02:35, mentres que segundo foi Pedro Esmorís (Muralla de Lugo) con 1:03:12, que perdeu a proba na carreira a pe. Alexandre Rodríguez (Tríatlon Morrazo) foi bronce (1:03:42).

 

O resto dos gañadores foron:

  • Cadete: Carla Castaño (Arcade Inforhouse) e Víctor Souto (A.D. Fogar).
  • Xúnior: Belén Piña (A.D. Fogar) e Alejandro González  (Wild Wolf Cidade de Lugo).
  • Sub 23: Fernando Míguez (A.D. Fogar).
  • Veterán 1: Belén Martínez (RoqSport.com-San Roque) e Andrés López (Monteabaixo).

 

Quizáis che interese…