SOLICITUDES DE INVITACIÓNS PARA O CTO. GALEGO DE TRÍATLON 2018

2 de Agosto de 2018

SOLICITUDE DE INVITACIÓNS PARA O CTO. GALEGO DE TRÍATLON 2018:
As solicitudes de invitación enviaranse á Federación (por correo electrónico: fegatri@hotmail.com).
Prazo para o envío de solicitudes: ata ás 23:59 horas do domingo, 12 de Agosto de 2018.
Para a súa solicitude seguirase o indicado no punto 5 do Regulamento para os Circuítos Galegos de Duatlon e Tríatlon e Campionatos Galegos Tempada 2018 (aprobado en Asemblea de 15/12/2017):

5.- Invitacións para o Cpto Galego

As invitacións non alterarán a participación dos equipos. É dicir, se o equipo non tivera tres clasificados ou clasificadas, previamente á final, non lle puntuará ningún invitado ou invitada. No caso de ter previamente 3 clasificados puntuarían coma un ou unha máis.

5.1) As invitacións só serán para deportistas con licenza galega pertencentes a Clubs que tivesen participación na tempada anterior.

5.2) Distribución: As invitacións concederanse a mulleres e homes en función da clasificación no Campionato Galego da tempada anterior feminino e masculino respectivamente.

a) Os tres primeiros clubs masculinos disporán de 3 invitacións masculinas e os tres primeiros femininos de 3 femininas.
b) Do 4º ao 6º clasificados disporán de 2masculinas e/ou 2 femininas segundo a súa clasificación masculina e/ou feminina
c) O resto dos clasificados na tempada anterior disporán de 1 e 1

As invitacións dos artigos anteriores (5.2 a,b,c) deberán ser comunicadas por escrito á FEGATRI ao remate dos circuítos, previo á inscrición na proba de Cpto Galego.

d) A Dirección Técnica da FEGATRI disporá de 3 invitacións masculinas e 3 femininas, para causas excepcionais, que poderá dar ou non, avaliadas as solicitudes presentadas.

• Será requisito imprescindible para optar a estas invitacións ter participado, nos últimos dous anos, nunha proba ITU.

A solicitude do artigo 5.2d) deberá ser motivada e presentada por escrito ao remate dos circuítos no prazo establecido.

No seguinte enlace podedes consultar a lista de clasificados para o Cto. Galego de Tríatlon 2018:

Clasificados-Circuíto-Tríatlon 2018

Quizáis che interese…