Mañá domingo 7 de abril terá lugar na loaclidade catalana de Salou unha edición máis da proba de media distancia encuadrada dentro da franquicia Challenge.
Arredor de mil triatletas chegados de 40 países daranse cita na localidade da Costa Dourada para nadar 1,9km pedalear 90km e correr 21km. A proba dará comezo ás 8 da mañá coa saída elite masculina e dez minutos máis tarde a elite feminina.
A competición conta cunha inscrición de primeiro nivel internacional. Entre os inscritos atopanse o pontevedrés Pablo Dapena. na que será a súa primeira proba baixo os colores do equipo suízo BMC Vifit. Dapena xa sabe o que é estar no podio de Salou, xa que o ano pasado rematou en segunda posición. En categoría feminina tomará a saída a tamén pontevedresa Saleta Castro.