SORIA ACOLLE O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE DÚATLON, CON REPRESENTACIÓN GALEGA.

12 de Abril de 2019

Tras a disputa do Campionato Galego de Dúatlon o pasado domingo en San Cibrao das Viñas, chega unha cita importante para os duatletas galegos, coa que boa parte dos deportistas pecharán o calendario duatlético da tempada 2019.

A cidade castellanoleonesa de Soria acolle os próximos 13 e 14 de abril o Campionato de España de Dúatlon de estrada individual. Arredor de de 1700 deportistas chegados de toda a xeografía española daránse cita ao longo da fin de semana para disputar as probas de menores, grupos de idade, paradúatlon e elite. A presenza galega repartirase en boa parte das competicións. Un total de dezasete duatletas galegos estarán en liza na proba elite masculina e catorce na elite feminina entre eles os recén proclamados campiona e campión galegos de dúatlon.

O sábado 13 dende as 17:00 podremos seguir o transcurrir da proba feminina, en streaming con cámaras situadas ao longo de todo o percorrido. Ás 19:10 será a quenda dos homes e tamén podremos gozar da retransmisión en streaming a través da plataforma de Televisión por Internet LaLigaSportsTV.

Quizáis che interese…