Porto do Son presenta o Campionato Galego de Dúatlon Escolar.

14 de Maio de 2019

O centro de interpretación do Castro de Baroña acolleu esta mañá a presentación do Campeonato Galego de Dúatlon Escolar que se clebrará o próximo venres 17 de maio. Alí deronse cita Luis Otero, técnico de deportes do concello de Porto do Son, Miguel Figueira en representación do club organizador, o Artrogal Tri 498 e o concelleiro de deportes da vila do Barbanza.

Preto de trescentos deportistas chegados dende toda Galicia daranse cita o venres dende as 10:30 da mañá na zona portuaria de Portosín. A competición englobará os duatletas de categorías benxamín, alevín infantil e cadete que conseguiron praza para este campionato galego nos diferentes campionatos provinciais.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.