CONVOCATORIA ORGANIZACIÓN PROBAS TEMPADA 2020/2021

24 de Setembro de 2020

A TÓDOLOS CLUBS E ORGANIZADORES DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno abre o prazo para a presentación de solicitudes de organización de probas de Tríatlon e Péntatlon Moderno para a tempada 2020/2021, co fin de poder traballar no desenvolvemento do calendario que se aprobará para o que resta de 2020 e para a próxima tempada.

Circular convocatoria organización de Probas 2021

 

Recepción de solicitudes: ata o 21 de outubro de 2020

A solicitude deberá enviarse a info@fegatri.org e virá acompañada dun pequeno proxecto que debe perfilar os aspectos básicos que se detallan a continuación, especialmente no caso de novas probas, para poder traballar sobre o mesmo coordinadamente.

Na medida en que se traballa a longo prazo sabemos que en serán previsións que despois se deberán concretar cos delegados e delegadas técnicos das probas, e que seguramente sufran tamén variacións por diversas cuestións secundarias, pero é importante ter unha descrición previa destes puntos, para poder dar apoio á organización que así o precise.

DATOS BÁSICOS DO PROXECTO DE SOLICITUDE DE ORGANIZACIÓN DE PROBAS
– Formulario de comunicación calendario cuberta cos datos da proba para aquelas que teñan incidencia de permisos da DGT (xúntase )

FORMULARIO-CALENDARIO DGT

 

*Datos para Probas con antecedente (solicitarase o proxecto de cabmios para a posta en marcha).
– Nome da proba
– Tipo -(Circuíto/Cpto Autonómico/Popular).
– Dúas datas posibles e localización.
– Organizador, datos e persoa de contacto.
– Director de Carreira/Responsable (nome, teléfono, email).
– Compromiso ou Convenio asinado de coorganización de Administración Pública de Referencia.
– Ficha de tráfico cuberta (de afectar permisos da DGT).
– Distancias
– Observacións: indicar previsión cambios de localización ou circuítos respecto á edición anterior.

*Probas que se organicen por primeira vez engadirán o proxecto engadindo ademais os seguintes datos:
– Organizador (É preciso tramitar licenza de club-organizador 2020 de tríatlon, ou coorganizala con algún organizador con licenza).
– Compromiso ou Convenio asinado de coorganización de Administración Pública de Referencia.
– Dirección Executiva e Dirección de carreira
– Datos e persoa de contacto.
– Data, hora e lugar.(se é posible dúas alternativas para tentar cadrar previamente dende competición un calendario onde non se prexudiquen)
– Número de carreiras-saídas, se houbese máis dunha.
– Distancias
– Planos dos circuítos con tódalas áreas (Saída, transición, meta, áreas de penalización,…).
– Sistema de Cronometraxe
– Premios
– Categorías
– Servizos- (duchas e vestiarios, megafonía e locución, infraestruturas en xeral…)
– Seguros- Propios (indicar de selo caso. Serán revisados polo DT) ou xestionados a través da Fegatri.
– Servizos médicos e plan de seguridade e evacuación.
– Vehículos. Control dos sectores de carreira
– Avituallamentos.
– Voluntariado

Quizáis che interese…