Turno para Gómez Noya en Daytona

gomez noya en Daytona

4 de Decembro de 2020

Javier Gómez Noya compite en Daytona

Esta fin de semana é o turno para Gómez Noya no Challenge de Daytona. O atleta galego leva preparando esta proba dende fai un mes e chega nun gran momento de forma para loitar pola victoria contra os millores triatletas da media distancia e unha gran oportunidade para a súa preparación dos Xogos Olímpicos de Tokio xa que moitos dos seus competidores tamén aproveitaron esta proba como bagaxe para a súa preparación.

Os galegos xa temos experiencia con esta carrera, xa que o ano pasado Pablo Dapena púxonos a todos a pel de galiña, loitando ata o final pola victoria contra o gañador Lionel Sanders.

Este ano e o turno de Javi Gómez Noya.

gomez noya en Daytona

Opinión de Pablo Dapena

Aproveitamos a ocasión para preguntarlle a Pablo Dapena a súa opinión sobre este tipo de carreira nun circuito automovilístico tan emblemático e as sensacións que tivo o ano pasado.

Reproductor de audio

Como di Pablo, agarrarse os cinturóns para este domingo e sentarse no sofá para ver o auténtico espectáculo e a auténtica velocidade da Fórmula 1 do triatlón.

pablo dapena daytona lionel sanders

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.