MAÑÁ CELEBRARASE O I TRIATLON CONCELLO DO PORRIÑO CON CASE TRESCENTOS PARTICIPANTES

24 de Maio de 2013

Mañá día 25 de maio celebrarase o I Tríatlon Concello do Porriño, que unirá as localidades do Porriño e Tui, con case trescentos participantes. É unha proba popular que nace co obxectivo de converterse en oficial canto antes.

Unha das novidades desta proba é o feito de que une a dúas localidades para poder cumprir o soño de celebrar un tríatlon no Porriño. O I Tríatlon Concello de Porriño comezará na localidade de Tui, coa celebración do segmento de natación (750 metros) no río Miño; o sector de bicicleta (20 quilómetros) realizarase entre as ambas localidades, e o segmento de carreira a pe (5 quilómetros) descorrerá polo casco urbano do Porriño.

A proba dará comezo ás 17.00 horas coa saída situada en Tui, onde se efectuarán 750 metros a nado, a continuación dará comezo a carreira ciclista de 20 quilómetros de percorrido pasando por Ribadelouro, Mosende, Pontellas, Torneiros, Velódromo municipal e con fin na rúa Domingo Bo, onde haberá a transacción para empezar coa carreira a pé, dun total de 5 quilómetros, que transcorrerá por diferentes rúas do centro urbano. Na categoría masculina, entre os inscritos destaca a presenza de Gustavo Rodríguez (Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial), recente subcampión de España de dúatlon en Pontevedra, que parte coma o gran favorito.
Na categoría feminina, as quinielas están moito máis abertas. María Martínez, nacida no Porriño, está moi ilusionada con acadar un bo resultado ante os seus veciños, pero enfronte estarán triatletas coma Blanca Lavandeira (Mar de Vigo) ou Lorena García (Mar de Vigo).

Pola mañá, a partir das 12.30 horas, celebrarase un mini tríatlon no que poderán participar nenos de entre 6 e 10 anos acompañados sempre dun adulto. Ambos os dous terán que nadar 25 metros na piscina municipal, a continuación percorrer en bicicleta 700 metros e, finalmente, correr a pé 300 metros.

 

Quizáis che interese…