A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno quere clarexar, a través da súa Xunta Directiva, a toda a “familia do Tríatlon Galego”, os seguintes puntos:
1º. Nas redes sociais (nas novas tecnoloxías que din os/as “sabios/as”), estase a intoxicar con falsidades burdas e desprezables á nosa Federación e por suposto o papel do Presidente.
2º. Están “inventando” que a Federación Española de Tríatlon “deu” 60.000,00 euros á Federación Galega para o CGTD de Pontevedra.
3º. Por suposto que todo isto, ven dende que o Presidente da FEGATRI e dous membros máis da Plataforma Nacional do Tríatlon, e despois dunha negociación coa FETRI, deron o paso para cambiar o seu funcionamento e a súa dinámica.
4º. As contas públicas, audítanse e pódense comprobar, como non pode ser doutro xeito, e por elo, as patrañas que se verten son sinxelas de tirar.
5º. En todo caso e sabendo que (casi ó 100% de posibilidades) isto todo ven orquestado, por algúns dos “chupopteros” que crían que a FETRI era unha finca parcelada e como bos “terratenentes” podían facer o que lles petase con ela. Hai moitos/as “resentidos” (e non de Vigo, precisamente).
6º. Para nós, o traballo no CGTD que sempre foi prioritario, é tamén un orgullo os resultados que dan (para outros é simplemente “ENVEXA”), pero que saiba todo o mundo, que non debemos nada a ninguén fora de Galicia (ata o de agora) e que nós, en todo caso, tratamos de xestionar, moito e ben, o que a Secretaría Xeral Para o Deporte (noutrora tamén a Dirección Xeral Para o Deporte), destina decididamente para o Tríatlon. E por suposto que non todos os que pasaron por dito Centro foron galegos/as, tamén doutros territorios de España, e agora tamén.
7º. Por suposto que aspiramos a cambiar moitas cousas, entre outras rematar XA con once anos de “apartheid” ao CGTD de Pontevedra, que xa ninguén con dous dedos de fronte, dubida.
Si se axudou, e se segue axudando, a centros medio existentes (?), a deportistas que coñecen na súa casa (e cando comen alí) e poucos máis…
8º. Non só desprezamos esas calumnias e a eses calumniadores, senón que os/as retamos a demostrar a única e dolorosa realidade das axudas a Centros nos últimos once anos (que xa son anos!!!).
9º. Pero, que dúbida cabe que, algo estamos a facer ben, cando estes “dinosauros” (que non saben “vivir” sen sentirse imprescindibles), están tan activos como preocupados.
Nós seguimos traballando polo Tríatlon e non nos apartarán da nosa liña de traballo, da que estamos fondamente orgullosos/as.
10º. Por último, sinalar que nós defendemos tratos igualitarios e esiximos transparencia nas axudas e en todo o que é reparto. Outros sabemos que non, todo é “relativo”: segundo quen esté … segundo a quen se dean (en definitiva, teñen unha ética e unha moral distraída cando menos).
Eles son: “… imbéciles e escuros e non nos entenden, non”, (seguro que isto tampouco).
O presente escrito pon fin pola nosa parte ás falsidades vertidas, e de continuar estas, e consideralo necesario, emprenderíamos outro tipo de accións, xa nun escenario diferente.
XUNTA DIRECTIVA FEGATRI