O Concello de Vimianzo foi a sede elixida para a disputa do Campionato Xunta de Galicia de Dúatlon Cros. Unha excelente organización pensando sempre nos corredores e cunha alta participación a pesar da climatoloxía.
No formato de contrarreloxo e con saídas escalonadas, os participantes deron todo un espectáculo nos circuitos preparados pola organización, onde reinaron Gabriel Castiñeira do Tríatlon Costa da Morte e Mar Delgado do Tríatlon Ferrol.
Xa temos os Campións Galegos de Dúatlon 2021.
Gabriel Castiñeira – Tríatlon Costa da Morte
Mar Delgado – Tríatlon Ferrol
Podes ver as fotos do evento a través do seguinte enlace por xentileza de Fotocarlosgrafías