A PÁXINA WEB DO MUNDIAL DE DUATLÓN PONTEVEDRA 2014 XA ESTÁ OPERATIVA

18 de Febreiro de 2014

 A falta de cen días para o inicio do Mundial de Duatlón Pontevedra 2014, inaugurouse a páxina web do campionato (www.pontevedraduatlon2014.com). Dende o día de hoxe todas e todos os deportistas e persoas interesadas poderán visitar a web e coñecer un pouco mellor a cidade, as probas, prezos de inscrición ou hoteis.

A páxina web será o instrumento de comunicación do Mundial cos participantes nas diferentes probas, xunto co facebook (www.facebook.com/pontevedraduathlon) e o twitter do campionato  (@ITUDUATHLON2014). Na mesma hai información de interese para os duatletas, tanto dos circuítos, datas e horarios, inscricións, hoteis ou voluntariado. Ademais, será un interlocutor cos medios de comunicación interesados no seguimento do evento.

Inscrición. Hai que recordar que xa están aprobadas as as cotas de inscrición para os duatletas participantes. Para os estranxeiros o custe de participación será de 155 euros (menos que no último campionato do Mundo celebrado en Canadá), mentres que para os duatletas españois e portugueses o custe será de 100 euros. Os interesados poden inscribirse a través da páxina web do campionato.

 

www.pontevedraduatlon2014.com

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.