Este domingo tivemos o galego Andrés Prieto na Copa de Europa Júnior de Tríatlon 2021 en Riga.
Despóis de varias probas onde o triatleta galego estivo entre os millores, acadou a súa praza para a selección española que competiu o domingo 8 de Agosto na Copa de Europa Junior de Tríatlon. Unha excelente oportunidade para seguir aprendendo e mellorando como deportista.
Despóis dunha dura loita entre os millores, Andrés acadou un gran terceiro posto final, por detrás do español David Cantero e o noruego Sebastián Wernersen.
![andres prieto terceiro en riga](https://fegatri.org/wp-content/uploads/2021/08/andres-prieto-terceiro-en-riga.jpg)
Foto de EuropaTriathlon
Noraboa, Andrés.