O DOMINGO 23 DE FEBREIRO CELEBRARASE EN LUGO O GALEGO DE DUATLÓN CROSS

21 de Febreiro de 2014

O domingo 23 de febreiro (11:00 horas) celebrarase en Lugo o I Duatlón Cross Correcamiños, que será ademais o Campionato Galego de Duatlón Cross 2014. Na proba están inscritos case cen deportistas.

A proba celebrarase en Santa María Alta (Lugo) sobre a distancia sprint e os duatletas deberán facer 6 quilómetros de carreira a pe, 18 de bicicleta e 3 quilómetros de carreira a pe. O circuíto de bicicleta consistirá en 3 voltas a un circuíto de 6 quilómetros, dos cales 4 quilómetros descorrerán por  pista forestal ancha e os 2 restantes por sendeiros algo máis técnicos. A saída, meta e transición estarán ubicadas na urbanización As Campas (Santa María Alta).

Na proba están inscritos os grandes especialistas galegos do duatlón cross polo que se espera unha proba competida polo menos na categoría masculina. Na feminina, hai que destacar por riba de todas a presenza de Aída Valiño (Cidade de Lugo Fluvial). Aínda así, Verónica Montes (Trinity Tríatlon), que sempre destaca nesta especialidade, tentará plantarlle cara.

Na categoría masculina hai unha importante competencia. Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial), que gañou dúas probas do circuíto de duatlón cross; enfrontarase con Marcos Mayo (Monte Abaixo), Enrique Morán (Atletismo Porriño) –gañadores ambos os dous dunha  proba do circuíto- ou Darío M. Otero (Team Corbelo), sempre loitando polos primeiros postos.

Resultados 2013. Aída Valiño e Rubén Rodríguez (ambos do Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse o pasado ano en Poio campións galegos de Duatlón Cross, nunha proba na que participaron case cen deportistas. Rubén non defenderá o título, mentres que Aída tentará volver a estar no máis alto do podio.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.