A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE DEU PLANTÓN Á FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON

4 de Marzo de 2014

A Federación Galega de Tríatlon manifesta o seu malestar polo plantón recibido no día de hoxe por parte da Secretaría Xeral para o Deporte sen explicación algunha. A directiva cualificou esta actitude coma “irrespectuosa”, xa que non houbo unha xustificación ao feito de non ser recibidos.

A directiva da Federación foi convocada pola propia Secretaría Xeral para unha reunión hoxe ás 10:30 horas para a negociacion do convenio do ano 2014. Despois de máis dunha hora de espera, sen explicación algunha ao retraso nin que se lles dixera se ían recibilos máis tarde, decidiron marchar da secretaría. O portavoz da Fegatri recordou que “nós temos un traballo, que é do que vivimos, e temos que organizarnos para poder acudir a estas reunións, e creo que nos merecemos un respecto. Todos entendemos que pode haber un retraso, pero deberían notificalo e explicarnos o que sucede”.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.