A FINAL DO PROGRAMA “NADA E CORRE” CELEBRARASE ESTE DOMINGO EN RIVEIRA CUNHA GRAN PARTICIPACIÓN

9 de Marzo de 2014

O domingo 9 de marzo (10:30 horas) celebrarase en Riveira (Complexo Deportivo A Fieiteira)  a final de “Nada e Corre” 2014, un programa da Federación Galega de Tríatlon dedicada aos máis cativos que vai pola súa terceira edición. Hai que destacar a magnífica resposta dos clubs a esta iniciativa, xa que houbo unha participación moi importante de nenas e nenos. En total participaron preto de cincocentos rapaces e rapazas nas catro probas locais e para a final están clasificados 124 deportistas.

Este programa invernal, promovido polos técnicos, está dedicado ás categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e ten como obxecto traballar a natación e a carreira. “Nada e Corre” celebrou durante os primeiros meses do ano catro probas zonais (Vilalba, Pontevedra, Narón e Vigo), que serviron para lograr a clasificación para a final galega (os catro mellores por categoría e sexo).

En Riveira participarán 126 deportistas de todas as categorías e haberá tamén clasificación xeral por clubs, para o que se sumarán os puntos dos deportistas do club, resultando gañador aquel que consiga máis puntos. As e os deportistas comezarán coa proba de natación e posteriormente a carreira, e o resultado final sae da suma de ambos tempos.

As distancias son diferentes segundo a categoría:
 Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.
 Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.
 Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.
 Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe

Quizáis che interese…