GRAN COMPETITIVIDADE NA FINAL GALEGA DO PROGRAMA “NADA E CORRE”, QUE SE CELEBROU EN RIVEIRA

9 de Marzo de 2014

Coa participación de case 120 deportistas celebrouse hoxe en Riveira a final de “Nada e Corre” 2014, un programa da Federación Galega de Tríatlon dedicada aos máis cativos que vai pola súa terceira edición. Entre os gañadores, podemos destacar a vitoria colectiva do Tríatlon Ferrol e a competida proba cadete feminina con triunfo final de Aroa Freije.

En total participaron preto de cincocentos rapaces e rapazas nas catro probas locais e na final,  preto de 120 deportistas. Hai que destacar a magnífica organización a cargo do club Natación Riveira nesta final e pedir desculpas porque por un erro, na suma dos resultados, entregouse a medalla de bronce en clubs ao Fogar, cando en realidade correspondía ao Arcade.

Resultados da final galega de “Nada e Corre”

Clubs:
1 Tríatlon Ferrol 100 ptos
2. Cidade de Lugo Fluvial 73
3. Arcade Inforhouse 65

Benxamín feminino:
1. Victoria Cons Gestido (Motobike Pontevedra)
2. Mercedes Vila (Tri-Penta Terras de Lugo)
3. Claudia Gámez (Tri-Penta Terras de Lugo)

Benxamín masculino:
1. Alejandro Rodríguez (Tríatlon Ferrol)
2. Sergio Rodríguez (Monte Abaixo)
3. Roi Lorenzo (Tri Sada)

Alevín feminino:
1. Enar Cons Gestido (Motobike Pontevedra)
2. Elsa Pena (Atletismo Porriño)
3. Xulia Ramos (Motobike Pontevedra)

Alevín masculino:
1.Jorge Morado (Tríatlon Ferrol)
2. Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial)
3. X. Martiño Iglesias (Dexter Tríatlon)

Infantil feminino:
1. Isabel Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial )
2. Sandra Suñer (Cidade de Lugo Fluvial)
3. Raquel Ruíz (Tríatlon Ferrol)

Infantil masculino:
1. Arturo Ramos (Dexter Tríatlon)
2. Daniel Ríos (Tríatlon Ferrol)
3. Jorge González (Natación Riveira).

Cadete feminino:
1. Aroa Freije (Tri-Penta Terras de Lugo)
2. Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol)
3. Inés Santiago (Tríatlon Ferrol)

Cadete masculino:
1. Carlos Brión (Natación Riveira)
2. Pablo Valcarce (Cidade de Lugo Fluvial)
3. Víctor Souto (A.D. Fogar)

Este programa invernal, promovido polos técnicos, está dedicado ás categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e ten como obxecto traballar a natación e a carreira. “Nada e Corre” celebrou durante os primeiros meses do ano catro probas zonais (Vilalba, Pontevedra, Narón e Vigo), que serviron para lograr a clasificación para a final galega (os catro mellores por categoría e sexo).

As distancias son diferentes segundo a categoría:
    Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.
    Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.
    Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.
    Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.

Quizáis che interese…