SESIÓN DE ADESTRAMENTO E TECNIFICACIÓN CGTD – GRUPO DE SEGUIMENTO DE TRÍATLON

24 de Xaneiro de 2023

O sábado 21 de xaneiro organizouse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva o primero adestramento do
Grupo de Seguimento de tríatlon.

A xornada consistiu nunha sesión de natación e outra de atletismo dirixida polos técnicos de tríatlon do
CGTD e polos adestradores de varios clubes galegos.
Un total de 16 rapaces e rapazas participaron nesta xornada que forma parte do proxecto “GST” creado
pola FEGATRI co obxectivo de facer un seguimento dos rapaces e rapazas en idade de formación e que xa poden ter acceso a campionatos nacionais, ademais de mellorar o coñecemento do labor dos clubes a través do intercambio de información.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.