Concentración GIF en Cáceres-CGTD

21 de Febreiro de 2023

Do 17 ao 26 de febreiro 25 triatletas do Grupo de Interés Federativo estarán concentrados no Centro de Tecnificación de Cáceres para preparar as próximas competicións.

A boa climatoloxía do lugar e dispoñer das instalacións do Centro de Tecnificación de Cáceres, axudará aos deportistas a completar un bloque de adestramento moi importante de cara ao comezo da tempada.  Ademáis, compartirán adestramentos cos triatletas da Federación Estremeña de Tríatlon.

A Cáceres tamén desprazáronse os técnicos Carlos Prieto, Jonathan Cancela e Xan Suárez.

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.